Adxudicar á seguinte empresa da clasificación, “BULL FUEGO, SLU” con NIF B-15.972.789 o contrato de subministro e instalación dunha barra central, detrás dos asentos dianteiros nos vehículos BUL03, BUL04 e BUL06, dotada con cinco soportes para equipos de respiración autónomos , mediante contrato menor publicado no Perfil de contratante con data 14.09.2018; polo prezo por este ofertado e que ascende a 8.400,00€ (oito mil catrocentos euros), máis a partida correspondente ao I.V.E. de 1.764,00€ (mil setecentos sesenta e catro euros), o que ascende ao total de 10.164,00€ (dez mil cento sesenta e catro euros).