Motivación A Mesa, ademais, comproba que ningunha das ofertas estaba incursa en presunción de
anormalidade conforme á fórmula incluída na cláusula 17 dos PCAP e propuxo á Xunta de
Goberno:
Primeiro.- Establecer a seguinte clasificación de ofertas de acordo coa puntuación obtida
pola suma criterios subxectivos e obxectivos (ordenadas por orde decrecente):
1) NAROM S.L.: 55 puntos.
2) ZONA DE OBRA O ROSAL S.L.: 48,78 puntos.
3) SAEXCO GALAICA, S.L.: 45,70 puntos.
4) OCISAT, S.L.: 43,50 puntos.
5) INGENIERÍA Y CONSTRUCCIONES PIÑEIRO S.L.: 41,97 puntos.
6) ACTIVA PARQUES Y JARDINES S.L.: 37,13 puntos.
7) EXCAVACIONES Y CONSTRUC. MANUEL PÉREZ PORTELA, S.L.: 30,23 puntos.
8) EXCAVACIONES Y DESBROCES ROCHA, S.L: 1,30 puntos.
Segundo.- Formular proposta de adxudicación en favor de NAROM S.L. como oferta que
obtivo a maior puntuación, requiríndolle, de conformidade co establecido no artigo 18.1 do
PCAP, e unha vez comprobada a documentación obrante nos rexistros de contratistas, para
Cod. Validación: 9DXJL5S929EZ4HYCKHAELR6EG | Corrección: https://orosal.sedelectronica.es/
Documento asinado electronicamente desde a plataforma xestiona esPublico | Páxina 3 a 6
que no prazo de 7 días hábiles, a contar desde o seguinte á notificación do presente acordo,
presente a documentación que figura no citado artigo así como a garantía definitiva.
En data de 18/12/2020, dentro do prazo concedido, recíbese a seguinte documentación de
NAROM S.L.:
- Certificación da AET acreditativa de non ter débedas pendentes coa Administración do
Estado.
- Certificación da ORAL da Deputación de Pontevedra acreditativa de non ter débedas
pendentes con esta Administración.
- Garantía definitiva constituída mediante aval bancario bastanteado e xustificante do seu
depósito na Tesourería Municipal, por importe de 2.843,83 euros.
Igualmente completan a documentación coa remisión do bastanteo do aval presentado.
A Mesa despois de examinar a documentación achegada entende que a mesma, xunto ca
obrante nos rexistros de contratistas é suficiente e, en consecuencia, acorda propoñer á Xunta
de Goberno como órgano de contratación a adxudicación do contrato administrativo de obras
de “Campo Novo: Ecoparque Infantil en Martín, de O Rosal” a NAROM S.L.
As condicións que presenta a súa oferta son as seguintes:
OFERTA ECONÓMICA: 56.876,62 € + 11.944,09 € de IVE = 68.820,71euros.
MELLORAS PREVISTAS NOS PREGOS: Todas.
AMPLIACIÓN DO PRAZO DE GARANTÍA: 5 anos