QUINTO: Dispoñer o gasto correspondeente de conformidade co establecido no Informe de Intervención de data 15 de decembro de 2022.
SEXTO: Publicar anuncio de adxudicación no perfil do contratante no prazo de 15 días.
SÉTIMO: Notificar a adxudicación aos licitadores que non resultaron adxudicatarios.
OCTAVO: Notificar a GALLEGA DE PROYECTOS Y SERVICIOS SL e a CLN INCORPORA SL , adxudicatarios dos Lotes 1, 2 e 3, respectivamente, a presente resolución.
NOVENO: O contrato perfecciónase coa súa formalización.
A formalización do contrato non poderá efectuarse antes de que transcorran quince días hábiles desde que se remita a notificación da adxudicación aos licitadores e candidatos.
A formalización do contrato deberá publicarse, xunto co correspondente contrato, nun prazo non superior a 15 días tras o perfeccionamento do contrato no perfil de contratante do órgano de contratación (art. 154. 1 LCSP). O anuncio de formalización conterá a información recollida no Anexo III LCSP e deberá ser tamén publicado no Diario Oficial da Unión Europea. A sinatura de acta de inicio da prestación do servizo que terá lugar no prazo máximo de un mes a contar dende a formalización do contrato.
DÉCIMO: Comunicar ao Rexistro de Contratos do Sector Público os datos básicos do contrato incluíndo a identidade do adxudicatario, o imoprte de adxudicación, xunto co desglose correspondente do Imposto sobre o Valor Engadido.
UNDÉCIMO: Dar traslado desta resolución aos departamentos de intervención e tesorería.