Adxudicar a QUERES TECNOLOGÍAS, S.L. (B-70.007.869) o procedemento aberto para a contratación dos servizos de actualización, soporte e mantemento do servidor documental ALFRESCO (2020-2025) (9.075-113) coas seguintes condicións:
a) O prezo total do contrato é de 54.917,23 euros, sendo a cota correspondente ao IVE de 9.531,09 euros.
b) Propón 10 horas a maiores do mínimo esixido na cláusula 2.A.X do PPT prestadas por técnicos certificados nos produtos, para a implantación das actualizacións e solucións das incidencias con estas.
Todo iso de acordo cos pregos de prescricións técnicas e de cláusulas administrativas particulares aprobados por acordo da Xunta de Goberno e a oferta presentada”.