Motivación 3.a).- Adxudicación do contrato de subministros para a adquisición de 36.000 mascarillas cirúrxicas e 1.000 mascarilllas FFP2:
Habéndose publicado no Perfil do Contratante da Plataforma de contratación do sector público, en data 16 de febreiro de 2021, o prego de cláusulas administrativas particulares e técnicas para a adquisición de 36.000 mascarillas cirúrxicas (lote nº 1) e 1.000 mascarillas FFP2 (lote nº 2), conforme ó procedemento aberto simplicado establecido no artigo 159.6 da Lei 9/2017, de contratos do sector público.
Realizada a valoración e clasificación das ofertas presentadas pola Mesa de Contratación, nas sesións celebradas os días 10 e 16 de marzo de 2021, e formuladas as correspondentes propostas de adxudicación a favor dos licitadores que alcanzaron a maior puntuación, requiríndolles a presentación da documentación esixida nas cláusulas 6, 7 e 16 do prego de cláusulas administrativas particulares.
Cumpridos ós trámites esixidos na convocatoria, a Xunta de Goberno Local, por unanimidade, acorda:
Primeiro.- Adxudicar á empresa PROINDEX SL a subministración de 36.000 mascarillas cirúrxicas, polo prezo unitario de 0,05 euros/unidade (exento de IVE) e prazo de entrega dun día, conforme á oferta realizada.
Segundo.- Adxudicar á empresa SOLUPROTECTION SL a subministración de 1.000 mascarillas FFP2, polo prezo unitario de 0,165 euros/unidade (exento de IVE) e prazo de entrega dun día, conforme á oferta realizada.