Capacidad de obrar - DEUC
Conforme PCAP
a) Dos empresarios que foren persoas xurídicas mediante a escritura ou documento de constitución, os estatutos ou o acto fundacional, nos que consten as normas polas que se regula a súa actividade, debidamente inscritos, no seu caso, no Rexistro público que corresponda, segundo o tipo de persoa xurídica de que se trate.
a´. Dos empresarios que foren persoas físicas mediante fotocopia do Documento Nacional de Identidade e acreditación de estar dado de Alta no Imposto de Actividades Económicas no epígrafe correspondente.
b) Dos empresarios non españois que sexan nacionais de Estados membros da Unión Europea ou de Estados signatarios do Acordo sobre o Espazo Económico Europeo acreditarase pola súa inscrición no rexistro procedente de acordo coa lexislación do Estado onde están establecidos, ou mediante a presentación dunha declaración xurada ou un certificado, nos termos que se establezan regulamentariamente, de acordo coas disposicións comunitarias de aplicación.
c) Dos demais empresarios estranxeiros, con informe da Misión Diplomática Permanente de España no Estado correspondente ou da Oficina Consular en cuxo ámbito territorial radique o domicilio da empresa.