Trabajos realizados - SERVIZOS REALIZADOS: O licitadores deberán ter realizado no período de, como máximo os últimos 3 anos, unha relación de servizos de igual ou similar natureza que os que constitúen o obxecto do contrato, cuxo importe anual acumulado no ano de maior execución sexa igual ou superior á anualidade media do contrato. Para determinar que os traballos ou servizos sinalados polo/a licitador/a son de igual ou similar natureza ao que constitúe o obxecto do contrato atenderase aos tres primeiros díxitos dos respectivos códigos CPV de cada un dos servizos que constitúen o obxecto do contrato.
Este requisitos non será esixible cando o contratista sexa unha EMPRESA DE NOVA CREACIÓN, entendendo por tal aquela que teña unha antigüidade inferior a cinco anos, que deberá acreditar a súa solvencia mediante unha declaración indicando a maquinaria, material e equipo técnico do que disporá para a execución dos tra-ballos ou prestacións, á que deberá xuntar a documentación acreditativa pertinente cando lle sexa requirido polos servizos dependentes do órgano de contratación. Considerarase solvente, ás empresa de nova creación que acrediten dispoñer como mínimo do material descrito nos anexos do PPT