Trabajos realizados - Unha relación dos principais subministros ou traballos, de igual ou similar natureza que os que constitúan o obxecto do contrato, realizados nos últimos tres anos (entenderase que este prazo remata o último día para a presentación de ofertas) que inclúa importe, datas e o destinatario, público ou privado. Considerarase acreditada a solvencia se nalgún dos últimos tres anos acredita subministross ou traballos por importe igual ou superior a unha anualidade media do prezo do contrato, excepto no caso de que a duración do contrato sexa inferior a un ano, suposto no que se terá en conta o prezo do contrato.
Se o contrato se licitase por lotes, a anualidade media será a do lote ou lotes aos que presente proposta o licitador.
Para determinar se un subministro é de igual ou similar natureza atenderase aos tres primeiros díxitos do código CPV.
Os subministros ou traballos efectuados acreditaranse mediante certificados expedidos ou visados polo órgano competente, cando o destinatario sexa unha entidade do sector público; cando o destinatario sexa un suxeito privado, mediante un certificado expedido por este ou, a falta deste certificado, mediante unha declaración do empresario, acompañado dos documentos que consten no seu poder que acrediten a realización da prestación.
Se o contrato non está suxeito a regulación harmonizada, as empresas de nova creación (aquelas que teñan unha antigüidade inferior a cinco anos) acreditarán a súa solvencia mediante unha declaración na que indiquen a maquinaria, material e equipo técnico do que disporá para a execución dos traballos ou prestacións. A documentación acreditativa destes extremos achegarase polo primeiro clasificado con carácter previo á adxudicación do contrato.
As porcentaxes a aplicar á anualidade media do prezo do contrato son:
Para a prestación de subministro (arrendamento): 82,49%
Para a prestación de servizo: 17,51%