Examinada a documentación que acompaña, visto o informe de Secretaría, e de conformidade co establecido na Disposición Adicional Segunda da Lei 9/2017 de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público, pola que se traspoñen ó ordenamento xurídico español as Directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, de 26 de febreiro de 2014, e por todo o anteriormente exposto e en virtude das atribucións que me confire a lexislación vixente, RESOLVO:
PRIMEIRO. Declarar admitido os seguintes licitadores:
• CREACIONES LUMINOSAS S.L
• SUARNAS SISTEMAS SL
• DISTRIBUCIONES DALISA SL
• GILDO SONIDO SL
SEGUNDO. Clasificar, de acordo cos criterios de adxudicación sinalados no prego, as proposicións admitidas neste procedemento, en orde decrecente.
TERCEIRO. Adxudicar o contrato de orde subministro “ALUMEADO ORNAMENTAL E SON CORPUS CHRISTI CONCELLO DE PONTEAREAS 2023” nas condicións que figuran na súa oferta e as que se detallan nos pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas a CREACIONES LUMINOSAS S.L con CIF B36351484 por un importe correspondente a 9.900,00 euros, e un IVE de 2.079,00, o que supón un total de 11.979 euros.
CUARTO. Dispoñer o gasto correspondente de conformidade co establecido no Informe de Intervención de data 31 de maio de 2022.
QUINTO. Publicar anuncio de adxudicación no perfil do contratante no prazo de 15 días.
SEXTO. Notificar a adxudicación aos licitadores que non resultaron adxudicatarios.
SÉTIMO. Notificar a CREACIONES LUMINOSAS S.L adxudicatario do contrato, a presente resolución.
OITAVO. Publicar anuncio de formalización do contrato no Perfil do contratante no prazo non superior a quince días trala perfección do contrato e co contido contemplado no anexo III da Lei 9/2017 de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público.
NOVENO. Comunicar ó Rexistro de Contratos do Sector Público os datos básicos do contrato incluíndo a identidade do adxudicatario, o importe de adxudicación, xunto coa desagregación correspondente do Imposto sobre o Valor Engadido.
DÉCIMO. Dar traslado de esta resolución ós departamentos de intervención e tesourería.
A Alcaldesa en funcións, María Cristina Fernández Davila
(documento asinado dixitalmente)