Motivación Formalizar o contrato para a execución das obras de “REPOSICIÓN DE VIAL E EXECUCION DE MURO NO LUGAR DE VILAR”, financiadas ao abeiro da subvención concedida ao Concello de Arbo no marco do Plan + Provincial 2021, liña 1: Investimentos, da Deputación Provincial de Pontevedra, coa mercantil “CONSTRUCCIONES VALE S.L.”, con CIF B36024933, representada por Dª. Laudelina Domínguez Cerdeira, con DNI núm. 34.867.612-A, e domicilio en Lugar Besadiña, nº 2, Leirado, 36457, Salvaterra de Miño, Pontevedra, no importe ofertado de 44.253,69 € (IVE 21% incluído) , correspondendo á base 36.573,30 € e ao IVE do 21% 7.680,39 €, supoñendo unha baixa sobre o orzamento base de licitación (sen IVE) de 6.082,75 € (14,26%), sendo prazo de garantía total ofertado de 22 meses, e debendo executar a mellora única oferta: Mellora de calidade da varanda no remate de muros, mediante incremento na sección das pilastras ou pes dereitos: Total Mellora da varanda: 884,00 € , segundo oferta presentada en data 25 de xuño de 2024 a las 16:48:37 horas, ao resultar a súa oferta económica a máis vantaxosa económica conforme aos criterios de adxudicación da cláusula XIV do prego de cláusulas administrativa particulares, e do contido do informe técnico de valoración emitido o 03.07.2024 polo Arquitecto Técnico Germán Fernández Fernández, e sendo o prazo de execución de dous (2) meses