Motivación Primeiro.- Adxudicar, consonte á proposta da mesa de contratación de data 18-09-2022, o contrato de servizos denominado “DESBROCE NA REDE DE VÍAS MUNICIPAIS E NUCLEOS MUNICIPAIS DO CONCELLO DE PONTECESO”, expediente núm. 2022/C004/000001”, a favor da oferta considerada como a que mellor relación calidade-prezo presenta, correspondente a D. JOSE CARLOS MALLO ARES no prezo anual de 105.617,80€; IVE (21%): 22.179,74€; prezo
total de 127.797,54 euros/ano, a prestar nos exercicios de 2023 e 2024, considerando a este contrato como de tramitación anticipada, sometida á condición suspensiva do cumprimento da efectiva consolidación dos recursos que haxan de financiar o correspondente contrato en cada unha das anualidades, consonte ao establecido na Disposición Adicional Terceira da Lei 9/2017,
LCSP, e coas melloras ofertadas polo adxudicatario, consistentes nun suplemento de 30 quilómetros de desbroce anual de vieiros municipais, a subrogación do traballador laboral temporal J.J.P.M., na súa condición de condutor do tractor municipal matrícula E5673BFN, marca New Holland, modelo T6010 4WD, cun brazo hidráulico marca Kuhn, modelo 557, os cales se ceden durante a duración do contrato, sendo por conta do adxudicatario todos os gastos de mantemento, seguros e calquera outro relacionado cos mesmos, con estrita suxeición aos pregos que rexen a contratación.