1. Adxudicar o contrato de servizos: ASISTENCIA TÉCNICO-URBANÍSTICA, REDACCIÓN, DIRECCIÓN E COORDINACIÓN DE PROXECTOS DO CONCELLO DE ORDES (Expdte. 2022/C004/000004), á empresa ESTUDIO TÉCNICO GALLEGO, S.L., con NIF A15093081, por un importe anual de 187.550,00 € (155.00,00 € prezo + 32.550,00 € ive), co seguinte desglose:
A) Servizo de asistencia técnico urbanística:
CANTIDADE EN LETRA € CANTIDADE EN NÚMERO €
Base (Sen Ive) OITENTA E TRES MIL EUROS 83.000,00
Ive (21 por cento) DEZASETE MIL CATROCENTOS TRINTA EUROS 17.430,00
TOTAL CEN MIL CATROCENTOS TRINTA EUROS 100.430,00
B) Servizos de dirección de obras: 3,20 por cento segundo Orzamento base licitación sen IVE.
C) Servizos de coordinación de seguridade e saúde: 0,80 por cento segundo Orzamento base licitación sen IVE.
2. A formalización do contrato non poderá efectuarse antes de que transcorran quince días hábiles desde que se remita a notificación da adxudicación aos licitadores, de conformidade co disposto no art. 153.3 LCSP. Unha vez transcorrido este prazo sen que se interpuxo recurso que leve aparellada a suspensión da formalización do contrato (art. 44 LCSP), o órgano de contratación requirirá a esa empresa para que formalice o contrato no prazo non superior a cinco días a contar desde o seguinte a aquel en que recibise a notificación para a formalización.