“PRIMEIRO: Tomar razón da inadmisión da empresa LEMOS RENOVABLES S.L., nos termos
recollidos na acta de apertura do sobre único do procedemento, asinada con data 25/04/2022, por
non axustarse a súa proposición ao modelo recollido no apartado 5 do anexo I -FEC- do PAC (artigos
139 da Lei 9/2017, do 8 de novembro e 84 do R.D. 1098/2001, de outubro)
SEGUNDO: Adxudicar a SERVICIOS INTEGRALES DE GESTIÓN Y MANTENIMIENTO, S.A.
(A74257437) o subministro e instalación dunha bomba de calor para o auditorio do CMD de Teis, por
un prezo total de 47.961,28 €, dos que 39.637,42 € corresponden á base impoñible e 8.323,86€ ao
IVE.
Todo iso de acordo cos pregos de prescricións técnicas e de cláusulas administrativas
particulares aprobados por acordo da Xunta de Goberno e da oferta presentada en expte.
10305/320”.