PRIMEIRO. Adxudicar a CONTRATACION DOS LOTES 2 E 3 DAS DIVERSAS PÓLIZAS DE SEGURO NO CONSORCIO AS MARIÑAS á empresa MAPFRE ESPAÑA COMPAÑÍA DE SEGUROS Y REASEGUROS S.A.por ser a máis beneficiosa no seu conxunto.
SEGUNDO. Declarar deserta a licitación dos Lotes 1 e 4 do expediente de contratación.
TERCEIRO. Notificar ao adxudicatario do contrato, a presente Resolución e citarlle para a firma do contrato.
CUARTO. Publicar a formalización do contrato no Perfil de contratante, e publicar anuncio no Boletín Oficial da Provincia no prazo de corenta e oito días a contar desde a data da presente Resolución.
QUINTO. Comunicar os datos básicos do contrato ao Rexistro de Contratos do Sector Público, de conformidade co disposto no artigo 333.3 do Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 3/2011, de 14 de novembro.
SEXTO. Remitir ao Tribunal de Contas unha copia certificada do documento no que se formalice o contrato, acompañada dun extracto do expediente en que se derive, sempre que a contía do contrato exceda de 150.000 euros. Todo iso, dentro do tres meses seguintes á formalización do contrato.