Capacidad de obrar - DEUC. O licitador que resulte proposto para adxudicacion deberá achegar dende o requirimento a seguinte documentación: 1. Aquela que acredite a personalidade do empresario, mediante NIF ou documento que o substitúa. A capacidade de obrar das persoas xurídicas acreditarase, ben mediante a escritura de constitución e de modificación, no seu caso, inscrita no Rexistro Mercantil, ben mediante escritura ou documento de constitución, modificación, estatutos ou acto fundacional, inscrito, no seu caso, no correspondente Rexistro Oficial.Os que acudan á licitación en representación doutro, así como nos casos en que o licitador sexa unha sociedade ou persoa xurídica, deberán presentar tamén escritura de poder para o efecto, validada polo secretario da Corporación, ou polos servizos xurídicos da mesma, e acreditar a súa personalidade mediante o NIF.