1. Atendendo ao disposto nos arts. 131 e 158-159 da Lei 9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público, e considerando válida a actuación e proposta da Mesa de Contratación, adxudícanse, por medio de procedemento aberto cun único criterio automático de adxudicación (prezo) as obras do POS+ 2024, á empresa Construcciones PONCIANO NIETO, S.L., segundo o detalle que se cita, de acordo coa proposta da Mesa de Contratación:
* Obra: Mejora de viales en As Estrigueiras y otros (POS+ 2024), no prezo de 108.899,03 euros (IVE incluído, 89.999,20 € de base). Tipo de licitación: 118.098,94 €.
* Prazo de execución: 90 días naturais (establecido no proxecto).
* Condición especial de execución ofertada: programa de medidas que favorezan a conciliación da vida persoal, familiar e laboral.
* Expediente de contratación: 2024/C003/000004.
* Número de obra: 24.2100.0167.0
Tal empresa foi a que resultou proposta no procedemento aberto cun criterio automático de adxudicación (prezo), convocado por acordo da Xunta de Goberno Local de 18-6-2024.
Partida orzamentaria: 453.2406.60900, do orzamento municipal 2.024.
2. Noméase director técnico das obras citadas, así como coordinador de seguridade e saúde, a Victorino Corral Rodríguez, arquitecto técnico, técnico municipal e redactor do proxecto técnico.
3. Facultar ao sr. alcalde para a sinatura de calquera documento que sexa necesario para facer efectivo o presente acordo, en especial a sinatura do contrato en documento administrativo.
4. Notificar este acordo ao adxudicatario e ao resto de licitadores, indicando que é definitivo, utilizando para elo o modelo A-9985 dos aprobados polo concello, preferentemente na plataforma PLACSP.