PRIMEIRO: Declarar admitidos os seguintes licitadores:
• FORGAL FORMACIÓN Y CONSULTORÍA, SL
• KOREMI REHABILITACIÓN SL
Excluir a: EDUVIA XESTIÓN CULTURAL E LECER SL
Motivo: Por presentar a súa oferta de xeito parcial mediante huella electrónica , non presentado a oferta dentro do máximo prazo de 24 horas, polo que se considera que ha oferta foi retirada.
SEGUNDO: Clasificar, de acordo cos criterios de adxudicación sinalados no prego, as proposicións admitidas neste procedemento, en orde decrecente.
TERCEIRO: Adxudicar o contrato de subministro “SERVIZOS DE PROGRAMACIÓN DE IGUALDADE DO CONCELLO DE PONTEAREAS 2024” nas condicións que figuran na súa oferta e as que se detallan nos pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas a FORGAL FORMACIÓN Y CONSULTORÍA, SL con CIF B32428054 por un importe de 9.410,00 euros e un IVE de 1.976,10 euros, o que supón un total de 11.386,10 euros.
CUARTO. Dispoñer o gasto correspondente de conformidade co establecido no Informe de Intervención de data 14 de xuño de 2024.
QUINTO. Publicar anuncio de adxudicación no perfil do contratante no prazo de 15 días.
SEXTO. Notificar a adxudicación aos licitadores que non resultaron adxudicatarios.
SÉTIMO. Notificar a FORGAL FORMACIÓN Y CONSULTORÍA, SL adxudicatarios do contrato, a presente resolución.
OITAVO. Publicar anuncio de formalización do contrato no Perfil do contratante no prazo non superior a quince días trala perfección do contrato e co contido contemplado no anexo III da Lei 9/2017 de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público.
NOVENO. Comunicar ó Rexistro de Contratos do Sector Público os datos básicos do contrato incluíndo a identidade do adxudicatario, o importe de adxudicación, xunto coa desagregación correspondente do Imposto sobre o Valor Engadido.
DÉCIMO. Formalizar o contrato mediante a firma de aceptación polo
contratista da presente resolución de adxudicación, no prazo de 5 días.
DÉCIMO PRIMEIRO: Nomear como responsable de contrato a Nuria Fernández Iglesias.
DÉCIMO SEGUNDO: Deixar sen efecto a resolución nº2024-2837 de 30 de xullo de 2024.
DÉCIMO TERCEIRO: Dar traslado de esta resolución ós departamentos de intervención.