“1º.- Adxudicación do contrato de prestación de servizo de información cidadá 010 os sábados, domingos e festivos en horario de 08.00h a 20.00h, para atender ás necesidades derivadas da situación de emerxencia sanitaria xerada polo covid-19, á empresa GRUPO NORTE AGRUPACIÓN EMPRESARIAL DE SERVICIOS, SL, aplicando a tramitación de emerxencia ao abeiro do artigo 120 da LCSP. As características do contrato son as seguintes:
• O obxecto do presente contrato é a prestación de servizo de información cidadá 010 os sábados, domingos e festivos en horario de 08.00h a 20.00h, para atender ás necesidades derivadas da situación de emerxencia sanitaria xerada polo covid-19
• O prezo/hora segundo o II Convenio colectivo de ámbito estatal del sector de contact center (antes telemarketing) («BOE» núm. 165, de 12 de julio de 2017) é de:
- Responsable do servizo: 23,25 €/hora extra sábado
- Teleoperador/a especialista: 16,41 €/hora extra sábado
- Teleoperador/a especialista: 19,75 €/hora extra domingo
- Teleoperador/a especialista: 33,40 €/hora extra festivo
• Forma de pago: o prezo aboaráselle ó contratista previa a presentación da correspondente factura.
• O prazo de execución comezará o día de adxudicación do contrato e rematará cando finalice a crise sanitaria xerada polo COVID-19 ou ben transcorridos 3 meses a contar dende o inicio do contrato, ata un importe máximo de 6.746,52 euros (IVE engadido).
• Neste contrato, tendo en conta a natureza das prestacións obxecto do contrato non é necesario fixar prazo de garantía.
• As características técnicas serán as recollidas no prego de prescricións técnicas incorporado ao expediente 3574-321 de "SERVIZO DE INFORMACIÓN CIDADÁ A TRAVÉS DO TELÉFONO 010".".
2º.- Incoación da oportuna modificación orzamentaria para dotar á aplicación orzamentaria 9240 2279902 do estado de gastos do vixente orzamento municipal, do crédito necesario para facer fronte ao gasto que se deriva do presente expediente”.