Motivación PRIMEIRO. Adxudicar o contrato para a execución da obra “Mellora camiños concentración
parcelaria en San Sadurniño e Santa Mariña do Monte (subvención MR101L) Proxecto 3” nas
condicións que figuran na súa oferta e as que se detallan nos pregos de cláusulas administrativas
particulares e de prescricións técnicas a JOSE NO MANTIÑÁN E HIJOS CONSTRUCCIONES S.A.
por un importe de 62.315,00 €.
SEGUNDO. Aprobar o gasto correspondente por importe de 62.315,00 euros.
TERCEIRO. Dar conta da presente Resolución a Intervención e a Tesouraría aos efectos de practicar
as anotacións contables que procedan.
CUARTO. Publicar anuncio de adxudicación no perfil de contratante en prazo de 15 días.
QUINTO. Liquidar unha taxa pola formalización de contratos administrativos segundo a Ordenanza
Fiscal T-4, artigo 5, epígrafe 4, correspondente ó 5% do orzamento de execución material ofertado.
SEXTO. Notificar a JOSE NO MANTIÑÁN E HIJOS CONSTRUCCIONES S.A., adxudicatario do
contrato, a presente Resolución asi coma os licitadores que non resultaron adxudicatarios.
SÉPTIMO. Publicar anuncio de formalización do contrato no Perfil de contratante en prazo non
superior a quince días tras a perfección do contrato e co contido contemplado no anexo III da Lei
9/2017 de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público.
OITAVO. Comunicar ao Rexistro de Contratos do Sector Público os datos básicos do contrato
incluíndo a identidade do adxudicatario, o importe de adxudicación, xunto co desglose correspondente do Imposto sobre o Valor Engadido.