“1.- Tomar razón da resolución adoptada pola concelleira de Contratación, por delegación da Xunta de Goberno local (acordo do 20 de xuño de 2019), o 16 de xuño de 2022 na que acorda:
a) Non admitir a D. MANUEL ROSARIO GONZÁLEZ nos lotes 1, 2, 3 e 4 deste procedemento por ter presentado a súa proposición fóra do prazo de presentación que remataba o 25 de maio de 2022 ás 23:59 horas, incumprindo o disposto na cláusula 15.1 do PCAP (“A documentación presentarase dentro do prazo fixado no anuncio da licitación”).
b) Non admitir a Dª. M. DESIRÉ PEREIRA MOREIRA (lotes 1 e 2) por non ter emendado correctamente a documentación esixida no prego de cláusulas administrativas para declarar o cumprimento dos requisitos previos.
c) Excluír a Dª. BÁRBARA FIGUEROA CARIDE dos lotes 2, 3 e 4 por apartarse do modelo de proposición (artigos 139 da Lei 9/2017, do 8 de novembro e 84 do RD 1098/2001, do 12 de outubro) ao incorporar uns anexos que entran en contradición cos prezos ofertados, por apartarase do PPT nos lotes 2 e 4 e por introducir prezos condicionados (“a concretar”) que poden exceder dos prezos unitarios recollidos no apartado 3G do Anexo I -FEC- do PCAP (lote 3) (motivo de exclusión previsto na cláusula 14.2C do PCAP).
2.- Adxudicar a BÁRBARA FIGUEROA CARIDE (NIF-36166650R) o lote 1 “Centro decorativo para vodas, acollementos civís ou eventos institucionais” do Procedemento aberto para a contratación do subministro de flores para actos institucionais do Concello de Vigo (18.923-101) coas seguintes condicións:
a) O prezo total do contrato é de 8.959,54 euros, sendo a cota correspondente ao IVE de 814,50 euros.
b) Propón un prezo unitario unitario de 50,00 euros (IVE incluído).
c) Propón un incremento do número mínimo de flores esixidas para cada centro:
1. Centros para vodas:0 (nº) media ducia de flor.
2. Centros para acollementos:1 (nº) media ducia de flor.
3. Centros para eventos institucionais: 1 (nº) media ducia de flor.
Todo iso de acordo cos pregos de prescricións técnicas e de cláusulas administrativas particulares aprobados por acordo da Xunta de Goberno e a oferta presentada”.