““4º.- OBRA DE “REURBANIZACIÓN DE UN TRAMO DO CAMIÑO DE PAXAREIRA” (POS/2017) .- EXPTE. ADXUDICACIÓN.
Á vista do expediente de contratación tramitado para a adxudicación das obras de “Reurbanización dun tramo do Camiño de Paxareira”, por procedemento aberto simplificado con múltiples criterios de adxudicación; da proposta de adxudicación da Mesa de contratación, do Informe-Proposta de Secretaría, e de conformidade co mesmo e o establecido na Disposición Adicional Segunda da Lei 9/2017 de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as Directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, de 26 de febreiro de 2014, a Xunta de Goberno local, por unanimidade, ACORDA:
PRIMEIRO.- Adxudicar o contrato das obras de “Reurbanización dun tramo do Camiño de Paxareira”, de conformidade coa proposta da Mesa, nas condicións que figuran na súa oferta e as que se detallan nos pregos de licitación, á empresa MOVIMIENTO DE ÁRIDOS Y CONSTRUCCIONES DE AROSA S.L. (MACONSA) por importe (IVE incluído) de 65.700,12 € (54.297,62 €, máis 11.402,50 € de IVE), por ser a mellor oferta obtendo a mellor puntuación coas seguintes características:
1.- Redución do prezo do contrato: Oferta prezo total de 65.700,12 € € (IVE incluído);
2.-Redución do prazo máximo de execución das obras: Oferta redución de 1,43 semanas
3.- Melloras de obra: Oferta as melloras 1+2.
SEGUNDO Dispor o gasto correspondente de conformidade co establecido no Informe de Intervención con cargo á aplicación orzamentaria 454.619 polo importe de 65.700,12 €.
TERCEIRO.- Publicar o anuncio de adxudicación no Perfil de Contratante no prazo de 15 días.
CUARTO.- Designar como responsable do contrato ao Director Facultativo das obras, o técnico municipal D. Carlos D. Besada Ferreiro.
QUINTO.- Notificar a adxudicación aos licitadores que non resultaron adxudicatarios.
SEXTO.- Notificar ao adxudicatario do contrato o presente acordo e citarlle para a sinatura do correspondente contrato conforme ao establecido na cláusula 23 do Prego de Cláusulas Administrativas Particulares.
SÉTIMO.- Publicar anuncio de formalización do contrato no Perfil de Contratante en prazo non superior a quince días trala perfección do contrato e co contido contemplado no anexo III da Lei 9/2017 de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público.
OITAVO.- Comunicar ao Rexistro de Contratos do Sector Público os datos básicos do contrato incluíndo a identidade do adxudicatario, o importe de adxudicación, xunto co desglose correspondente do Imposto sobre o Valor Engadido.
NOVENO.- Conferir delegación en favor do Alcalde para que poida asinar o correspondente contrato administrativo coa empresa adxudicataria.””