“1o.- Adxudicar a BARAFUNDA, S.L., o lote 1 do procedemento aberto para a
contratación do servizo de animacións para a cabalgata de reis 2024
(expediente 9948-335) por un prezo de 52.299 euros, sendo a cota
correspondente ao IVE de 10.982,79 euros o que fai un prezo total de
63.281,79 euros. Incrementa o número mínimo de persoas participantes nos
grupos de animacións esixidos na cláusula 2. LOTE 1 “ANIMACIÓNS NA
CABALGATA DE REIS de baile e música con temática e cun elemento móbil” do
PPT en 58 persoas.
2o.-Adxudicar a BIGLAB, S.L.U. o lote 2 do procedemento aberto para a
contratación do servizo de animacións para a cabalgata de reis 2024
(expediente 9948-335) por un prezo de 20317,50 euros, sendo a cota
correspondente ao IVE de 4266,67 euros o que fai un prezo total de 24584,17
euros. Incrementa o número mínimo de persoas participantes nos grupos de
animacións esixidos na cláusula 2. LOTE 2 “ANIMACIÓNS NA CABALGATA DE
REIS de baile e música con temática e cun elemento móbil” do PPT en 18
PERSONAS.
Todo iso de acordo cos pregos de prescricións técnicas e de cláusulas
administrativas particulares aprobados por acordo da Xunta de Goberno e a
oferta presentada”.