Descripción del procedimiento Como parte dun programa de conservación propio, o Concello fai cada ano un mantemento preventivo de todas aquelas pistas ou camiños que, comunicando este tipo de núcleos, presentan algunha destas características:
- Pistas ou camiños de carácter local que comezan a presentar deficiencias, a arranxar mediante unha nova pavimentación a base de regos de emulsión con gravilla ou aglomerado asfáltico en función do tráfico soportado.
- Pistas ou camiños de carácter interparroquial ou intermunicipal que comezan a presentar deficiencias, a arranxar mediante unha nova pavimentación a base de regos de emulsión con gravilla ou aglomerado asfáltico en función do tráfico soportado.
Neste caso trátase dunha intervención en tres camiños nos que, dacordo coas bases do Plan de rehabilitación de camiños de zonas de concentración ou reestruturación parcelaria 2023-2024 de mellora de camiños municipais de zonas de concentración ou reestruturación parcelaria rematadas, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) que ven de aprobar a Consellería de Medio Rural, se acometerán unha serie de melloras na pavimentación e/ou na rede de drenaxe de pluviais mediante as seguintes actuacións que se describen de forma resumida:
Camiño da Lavandeira a Graña:
- Limpeza e reperfilado das cunetas en terras existentes no camiño, en toda a lonxitude e polas dúas marxes.
- No treito asfaltado, rebacheo das fochas existentes con macadam bituminoso e regularización dos treitos máis desgastados ou deformados cun rego semiprofundo antes de que o camiño reciba a nova pavimentación con aglomerado en quente.
- Unha vez rematada a limpeza e reperfilado das cunetas e o rebacheo e regularización do camiño, procederase á extensión dunha nova capa de rodadura consistente nun dobre tratamento superficial.
- No treito de zahorra, regularización do camiño, saneo de fochas e extensión dunha nova capa de zahorra compactada de 10 cm de espesor en toda a superficie.
Camiños das Sequeiras e Trieiro:
- Limpeza e reperfilado das cunetas en terras existentes no camiño, en toda a lonxitude e polas dúas marxes.
- Retirada do terrón, saneo e regularización dos camiños, xa afirmados con zahorra.
- Pavimentación en toda a superficie dos camiños cunha nova capa de zahorra compactada, de 10 ou 15 cm de espesor segundo o estado de cada camiño.
- Limpeza e desatranco dunha obra de drenaxe existente no cruce das Sequeiras.
Camiño das Barbelas:
- Limpeza e reperfilado das cunetas en terras existentes no camiño, en toda a lonxitude e polas dúas marxes.
- Retirada da vexetación existente sobre o pavimento, arrastres, sedimentos e outros.
- Recrecido do camiño en toda a superficie cunha capa de macadam de 10 cm de espesor medio
- Asfaltado do camiño cun dobre tratamento superficial enriba do macadam empregado no recrecido, cunha dotación total de emulsión bituminosa tipo ECR-2 de 5,5 kg/m2
Como se pode ver, un dos obxectivos do presente proxecto é o de mellorar a pavimentación existente nos tres camiños seleccionados: coa extensión dunha nova capa de rodadura de zahorra compactada nos camiños das Sequeiras e Trieiro e na primeira parte do camiño da Lavandeira a Graña, e co rebacheo e a extensión dunha nova capa de rodadura a base de tratamentos superficiais con regos e gravilla no camiño das Barbelas e na última parte do camiño da Lavandeira a Graña, xa no núcleo de Graña.
Outro dos obxectivos é o de mellorar a rede de drenaxe de pluviais dos camiños, polo que tamén se inclúe a limpeza e reperfilado das cunetas en toda a lonxitude dos mesmos e polas dúas marxes, con retirada da capa de terra vexetal que disminúe a sección útil das cunetas, así coma o desatranco de obras de drenaxe existentes, todas elas actuacións de mantemento fundamentais para a conservación dos camiños.