“Adxudicar a IMATIA INNOVATION, S.L., con CIF B-36.499.960, o procedemento aberto para a contratación do servizo para a actualización das aplicacións informáticas para a xestión do imposto de actividades económicas e do imposto sobre o incremento de valor dos terreos de natureza urbana (8.816-113) coas seguintes condicións:
a) O prezo total do contrato é de 76.472,00 euros, sendo a cota correspondente ao IVE de 13.272,00 euros.
b) Inclúe unha bolsa de horas adicionais de mantemento evolutivo perfectivo sobre as mínimas esixidas no punto 9 do prego de prescricións técnicas particulares, de 35 horas.
c) Incrementa o prazo mínimo de garantía esixido no punto 10 do Anexo I -FEC- do prego de cláusulas administrativas particulares (12 meses) en 2 anos.
Todo iso de acordo cos pregos de prescricións técnicas e de cláusulas administrativas particulares aprobados por acordo da Xunta de Goberno e a oferta presentada”.