Cifra anual de negocio -
Declaración do volume anual de negocios. Considerarase con solvencia económica e financeira aos licitadores cuxo volume anual de negocios, no ámbito do contrato, referido ao ano de maior volume de negocio dos tres últimos concluídos sexa, cando menos, igual ou superior:
Ao valor estimado do contrato, ou do lote correspondente, cando o contrato se licite por lotes, cando a súa duración non sexa superior a un ano.
Ao valor anual medio do contrato, ou do lote correspondente, cando o contrato se licite por lotes, se a súa duración é superior a un ano.
Acreditarase por medio das contas anuais aprobadas e depositadas no Rexistro Mercantil, se o empresario estivera inscrito en dito rexistro, e no caso contrario, polas depositadas no rexistro oficial no que deba estar inscrito.
Os empresarios individuais non inscritos no Rexistro Mercantil acreditarán o seu volume anual de negocios mediante os seus libros de inventarios e contas anuais legalizados polo Rexistro Mercantil.
Documento acreditativo de posuír a clasificación alternativa prevista no apartado 5.B.Grupo K, subgrupo 1, categoría 1 e Grupo C, subgrupo 8, categoría 1