Rematadas as intervencións, e á vista da acta da mesa de contratación e documentación que obra no expediente, o Pleno Municipal, por unanimidade dos Sres. Asistentes acorda
1º.- Adxudicar o contrato do servizo de axuda no fogar do Concello de Ribadumia a “Son a Túa Axuda SLU”, conforme ao Prego de cláusulas Administrativas particulares (PCAP) e ao de prescripcións técnicas (PPT) que rexen esta contratación así como á oferta presentada polo adxudicatario, que realizará o servizo por un prezo de 18,36 euros a hora de dependencia (sen IVE) e de 16,90 a de libre concorrencia (sen IVE) e debendo cumprir ademáis todos os servizos ofertados e que se indican na proposta.
2º.- Ao tratarse dun contrato susceptible de recurso en especial en materia de contratación, a formalización non poderá efectuarse antes de que transcorran quince días hábiles dende a remisión da notificación de adxudicación aos licitadores.
Os Servizos dependentes do órgano de contratación, requerirán ao contratista para que proceda a formalizar o contrato no prazo non superior a cinco días unha vez transcorrido o prazo contido no parágrafo anterior sen que se interpoñan recursos que leven aparellada a suspensión da formalización e unha vez solicitado.
4º.- Notificar a presente resolución á empresa adxudicataria.
4º.- Notificar a presente resolución aos licitadores presentados ao procedemento.